A diversidade sexual, a debate

Hoxe iniciamos os encontros literarios coa mocidade: Lemos e somos VIP, na sala VIP do Pazo. Desta vez, alumnado do Sánchez Cantón, acompañado pola profe Anxos Rial, debateron con Eli Ríos sobre a diversidade sexual, preconceptos e prexuízos a partir da súa obra DX, editada por Urco. O debate foi intenso e moi proveitoso, ben nos prestaba poder estar falando con ela unha hora máis!