Un día de cole diferente

Canto nos gusta recibir visitas no Salón. E se son nenas e nenos tan dispostos a divertirse como os desta mañá, moitísimo mellor. As crianzas que participaron hoxe nas sesións de contacontos e que durante meses estiveron colaborando co Salón, facendo as esculturas que adornan as nosas salas, teñen entre 3 e 6 anos e veñen dos colexios EEI Crespo Rivas, CPI Toural de Vilaboa, Carballal de Marín e o Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro. Todos quedaron abraiados cos contos que lles contaron Celso Fernández Sanmartín sobre a revolución da cidade de Pontevedra, coa forma na que Raquel Queizás foi capaz de darlle a volta ao cont, cos trabalinguas e cantigas portuguesas de Bru Junça e tamén coa revolución do Renacemento falando de Boticelli ou Miguel Ángel narrada por Migallas Teatro.