Aprendendo a contar historias

Unha das moitas cousas boas do noso II Congreso Internacional de Mediación Lectora é a parte practica. Hoxe tocou aprender de profesionais da talla de Fanuel Hanan Diaz, Zetho Gonçalvez, Henrique Rodriges, Bru Junça, Paola Guimeráns e Lucas Ramada Prieto. Soubemos da importancia da narración oral na nosa formación, da importancia tamén da música na nosa vida tamén como fonte de inspiración, traballamos con contos de pano e pop-up e descubrimos como mudaron os contos infantís ata converterse nos álbums ilustrados de hoxe en día, que conta en si mesmo, como obxecto, con valor narrativo. E de hoxe a agora, chegamos tamén añás novas tecnoloxías, aos circuitos de papel e á LIX dixital que permite escoller diferentes camiños nunha mesma obra.