O Salón móvese ás librarías

A actividade do Salón non só ten lugar no Pazo de Cultura, esta tarde trasladouse ás librarías do centro da cidade Paz e Cronopios onde creadores de fala portuguesa impartiron charlas, presentaron libros e mesmo ofreceron un recital poético, dentro do programa Lemos e Somos VIP.

A primeira das sesións foi na librería Paz, alí estivo a brasileira Marina Colasanti para falar da súa obra baixo a atenta mirada do público. As fadas da súa obra centraron unha parte da súa intervención e mesmo respondeu as preguntas dos espectadores sobre as diferenzas das fadas das historias actuais e as de épocas anteriores.

Logo a comitiva trasladouse á cercana librería Cronopios. No seu baixo estivo o escritor portugués o premio nacional de Ilustración de Portugal e premio Unión Europea de Literatura, Afonso Cruz, que presentou a súa primeira obra publicada en lingua española «Los libros que devoraron a tu padre». No encontro, Cruz explicou que á hora de escribir non pensa na idade dos seus futuros lectores e que tense equivocado cando o fixo.

De volta á librería Paz, ali estiveron o brasileiro Henrique Rodrigues, o angoleño Zetho Gonçalves e a brasileira Marina Colasanti. Nunha sala abarrotada, os tres autores recitaron poemas que non só motivaron os aplausos do público, tamén o emocionou.