Ca-ra-col

Poesía, música, ilustracións e moita graza, así é o teatro para bebés que temos este domingo no Salón. Cunha posta en escena enfeitizante, a compañía Andante Teatro contounos a historia dun caracol que se colaba no sombreiro dun neno ao que lle facía cóxegas. E pola tarde temos outros dous pases ás 17 e as 18.30 horas, paga a pena achegarse e deixarse arrolar pola poesía de Fernando Pessoa, relaxarse coa música de Joaquím Coelho e admirar as ilustracións de Mafalda Milhões. Só custa 3 euros, non o deixedes pasar que o aforo é limitado.