O Salón do rock

Vaia marcha levamos hoxe no Salón. Temos o recinto ateigado coa feira do libro usado e para amenizar a mañá unha banda de rock do máis xuvenil. A rapazada do laboratorio de rock do Pazo da Cultura presentou ao público as súas creacións baseadas na revolución e na literatura, nas que levan traballando desde o comezo do curso. E para pechar a carga de watts subiu coa actuación da banda formada por profes e alumnos chamada The Rebel Sound System, con letras que critican as accións do ser humano que mancan o planeta.