Contos do mundo

Unha das cousas que máis nos gusta facer no Salón é viaxar a outros países e coñecer os seus contos tradicionais, así que esta mañá pasamos un bo anaco escoitando a Anna Griott contar historias chegadas de Mozambique e tamén das Illas Canarias que fixeron gozar á cativada e as súas familias.