Longa vida aos libros!

Non podemos estar máis contentxs! 5.000 exemplares trocados entre ás 11h. e as 14h. na actividade organizada polo IES Torrente Ballester e as ANPAS no que participaron entre outros o CEIP Vilaverde, CPR Calasancio e Sagrado Corazón, EEI Crespo Rivas, etc. Centros de familias acudiron esta mañá cos seus vales e escolleron entre a ampla oferta de libros para público infantil, xuvenil, adulto e de todos os xéneros. Un xeito de dar máis vida ás historias e ampliar a nosa biblioteca. Por certo que tampoufo faltou a música de fondo a cargo do alumnado de Rock Lab. Para o ano, repetimos seguro!