Ilse Losa, a escritora de novela xuvenil que fuxiu dos nazis

As presentacións de libros tamén son unha parte importante do Salón e do Congreso Internacional de Mediación Lectora. Na súa xornada inaugural, presentamos a obra Ilse Losa e O mundo en que viviín, de Hércules de Ediciones. Para coñecer máis sobre que era esta muller, tivemos o pracer de contar coa presenza da especialista na súa figura, Ana Cristina Vasconcelos; do tradutor da obra, Anxo Tarrío; e da editora, Laura Rodríguez. Entre os tres fixeron unha completa radiografía de Ilse Losa, unha muller nacida en Alemaña no seo dunha familia xudea, polo que tiveron que emigrar ao ser perseguidos pola Gestapo. Acabou en Porto, onde formou unha familia e se namorou da literatura. Adicouse a tradución e a escribir novelas infantís e xuvenís de tan boa calidade que recibiu numerosos premios e distincións ao longo da súa vida.

A obra presentada esta tarde no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra aborda, en primeira persoa, as vivencias de Ilsa, desde a súa infancia ata a súa idade adulta, con todos os obstáculos que tivo que afrontar.