María Reimóndez, unha muller ‘Fóra do normal’

Hoxe continuaron os encontros sobre LIX e diversidade sexual coa rapazada do IES Frei Martín Sarmiento , que gozou dunha charla ben orixinal con María Reimóndez a partir do seu libro “Fóra do normal”, de Edicions Xerais de Galicia. Reflexionamos e repensamos a nosa perspectiva sobre que é un superheroe e unha heroina. Tamén sobre o que é ir (máis ben non ir) polo rego, contra corrente, coma os tres protagonistas desta obra. Este encontro – ao igual que o desta noitiña ás 21:00h. en A Taberna Do JAZZ -forma parte de Pinto e Maragota programa municipal sobre a diversidade sexual.