Que Alegría!

Visto o ben que o pasamos onte na residencia de maiores de Campolongo co espectáculo “Alegría”, de Sergio Tannus e Marta Bravo, non ía ser nada raro que a parella convertera hoxe o Recinto Feiral nunha festa. E así o fixeron. A historia de superación da eiruga Alegra, que consegue superar a súa situación inicial de soidade ata chegar a atoparse plena de felicidade, conmoveu a todo o público. Aínda que se trata dunha obra que promove valores como a amizade, a gratitude, a empatía, a tolerancia e o respecto polas diferenzas, a función tamén garda oco para as cancións, o baile e as risas. Que apegadizas son as súas letras!!