Palabras viaxeiras

As palabras non só serven para expresar ideas, elas mesmas poden ter vida, ser independentes. Diso tratou algún dos contos da nosa narradora Soledad Felloza, que presentou no Recinto Feiral toda unha serie de contos nos que as palabras eran as verdadeiras protagonistas. Houbo tempo tamén para contos máis clásicos. Fose cal fose a historia, ollar esas bocas abertas da cativada ollando cara a nosa contacontos foi toda unha ledicia. O mesmo que escoitar eses contos tan divertidos, tolos e revolucionarios.