Tod@s a escribir!

 

Existen moitas maneiras de escribir, pero no Salón coñecemos as máis divertidas. Esta tarde, da man de Van Divulgación e Ceo Aberto aprendemos dúas técnicas que se levan séculos de diferenza. Seguro que todos temos na mente o coidado deseño dos antigos pergamiños, con esas letras capitulares enrevesadas, pois iso foi o que fixeron as familias no obradoiro dos primeiros. Ademais de estampar letras e firmar as súas obras. O segundo é moito máis moderno e ten que ver coa tecnoloxía 3D. Coa axuda dun bolígrafo electrónico, nenas e nenos o pasaron en grande escribindo os seus nomes o calquera palabra que lle pasase pola cabeza. Para as cores e as formas o único límite e a imaxinación e a da nosa cativada é infinita!