Recunchos que namoran

Cada recuncho do noso Salón agocha un segredo, unha mensaxe, unha curiosidade. Na visita guiada desta tarde, un grupo de nenas e nenos e voluntariado da Cruz Vermella percorreron todas as salas e quedaron abraiados coa beleza da decoración e das esculturas dos nosos coles colaboradores. Chamou moito a atención a parede do Teatriño, onde a cativada descubriu todas as verbas sobre igualdade que agocha o mural.