Ao noso artista Luis Seoane

Hoxe é o Día das Artes Galegas e no Salón non o íamos esquecer. Para celebralo convidamos a Kike Maurizio e a Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, para rendir a nosa particular homenaxe a Luis Seoane, ao que se lle adica este ano esta xornada. A parella contou a relación de Seoane coa ilustración, cos edición de libros e con Galicia; mesturando a narración coa ilustración dun retrato seu.
E para rematar, todo o público, tiveran a idade que tiveran, honraron a súa figura debuxando o que máis lle gustaba pintar: a típica muller traballadora galega levando sobre a súa cabeza unha xarra de leite, un capacho de uvas ou un lote de berberechos.
Seguro que todos nós temos esas imaxes gravadas. Canto traballaron as nosas avoas!