Corochas, risas garantidas

Quen hai que se poida resistir ás corochas sen botar a rir? Corochas!! Na barriga, nos pés, nas orellas e na cabeza! Son distintas? Son iguais? Risas garantidas no Salón como as desta tarde no contacontos para bebés guiado por Atenea García,  aínda que por despistada, quedara sen pitas: unha foi detrás do galo, outra marchou a un recado; unha fuxiu cara á lúa e outra que se perdeu na rúa…