Nono e o seu inseparable amigo o mono
O que tal vimos na escena do Teatriño! Incribles malabares, unha pelexa sen tregua cun mosquito, un animado (e desigual) combate de boxeo, o seu inseparable amigo o mono e que máis? Moreas de sorrisos, gargalladas a esgalla e moitos aplausos. NONO, o clown máis divertido do Salón, alegrounos a tarde coas súas brincadeira, engaiolounos a todas e todos, e marchou de viaxe cun peto cheo de nov@s amig@s… que xa o estrañamos.