Máscaras de pasta (La pasta in faccia)

 

Aínda que xa pasamos o Entroido, no Salón hoxe fixemos unha achega moi especial ao mundo das máscaras. Foi da man das nosas amigas Begoña e María do Departamento de Italiano da EOI de Pontevedra. Coñecemos un dos máis recoñecidos sinais de identidade do Carnaval de Venezia e, con macarróns e fideos e outro tipo de pasta, fixemos auténticas obras de arte. E todo isto mentres aprendiamos italiano. Sabedes que significa “La pasta in faccia?”?