Contos feridos? Teñen arranxo

 

Tantos libros había naquel andel, que unha noite rompeu. Menuda desfeita!! Tres contos con feridas. Que desgusto tan grande! Haberá quen o arranxe? E había, si! As monitoras do Salón no seu Hospital Literario recuperaron unha morea de libros con axuda da cativada e as súas familias. Mañá seguiremos na nosa liña de coidar o planeta e darémoslle tamén novos usos a libros estragados.