Encontro lector con Manuel Lourenzo González

 

Celebramos un interesantísimo encontro lector na Residencia da Terceira Idade  de Campolongo con Manuel Lourenzo González e a súa obra Cegoñas no fondo da Ría. Así, rememoramos a historia recente de Pontevedra, cando Elvis Presley actuou nas Festas da Peregrina ou cando case se roda o mítico filme Casablanca no Café Moderno, a historia de Ravachol no circo de Bufallo Bill… unha chea de historias que aconteceron.. ou non?