Risos en cada recuncho do Salón

 

Risos! Que non falten, nin faltan, en cada recuncho do Salón. Eses mesmos que a cativada dos centros escolares percorre logo de asistir ao seu contacontos/obradoiro. Onde descobren a Fina a Pirata no espazo de Helena Villar (e ata as profes cantan e bailan) ou o traballo de @Kiko Dasilva (ao que tiveron a sorte de atopar xa que andaba por alí para falar coa tele e a radio). Aprenden curiosidades sobre Italia, e da historia dos videoxogos, ou gozan xogando a atopar ás parellas máis escatolóxicas. Que divertido!