Grazie Simone! Ciao caro amigo!

 

O benquerido amigo #SimoneNegrin despediuse hoxe do Salón cunha dobre sesión sobre a arte da xestualidade, un exercicio de puro teatro, na que amosou a destreza que ten para rirse da súa Italia natal e dos seus compatriotas. Primeiro estivo con escolares do CEIP Froebel , “cole” que mantén un intercambio educativo e cultural co centro Cavour de Catania (Sicilia) dende hai dúas décadas. Era unha rapazada coñecedora da lingua e a cultura italianas, e afeita a convivir con compañeir@s do sur da “bota”, que gozou con moita complicidade das historias e ocorrencias dun Simone que estaba como na casa. Logo foi a quenda de alumnos/as dos “coles” de Ponte Sampaio, Campolongo e Tenorio (Cotobade) que entre risadas aprenderon xestos e expresións dos italianos de berce. Que ben o pasaron! E que ben o pasamos tod@s estes días con Simone! no Salón. Deixounos momentos para gardarmos sempre na memoria. Grazie Simone! Ciao caro amigo!