Contos para sorrir e gozar

 

Hoxe tamén se animou Andrea Bayer a vir a contar contos nas visitas escolares dos CEIP Froebel, Campolongo, Tenorio (Cotobade) e Ponte Sampaio ao Salón. Xunto con María Campos, Pavís Pavós ao completo e Celso Fernández Sanmartín, fixeron agromar sorrisos e gargalladas de toda a cativada que se achegou esta mañá ao Pazo da Cultura: contos de humor negro, de ras de boca grande, de chupetas, de cacas e de peidos, contos retranqueiros…