Contra a destrución, AMOR

 

 

Contra a tristura, HUMOR e contra a destrución, AMOR! Esa é a conclusión que sacamos do que agardamos quede nun feito illado: os danos nunha das estatuas de Orbil. Preferimos quedar co bonito, con que toda a cidade amosou o seu amor polo Salón, que un/unha trasno/fada bo/a puxo todo o seu empeño (e tamén a súa forza) en arraxalo. E que a cativada é quen de curalo todo con aloumiños! Moitas grazas a tod@s, de verdade!