As historias de Simone Negrin

 

E rematamos a xornada con Simone Negrin quen subiu a escena do Teatriño con Nápoles no centro dos seus contos. A música do seu acordeón e a colaboración das crianzas e papás e mamás foron esenciais para ambientar as historias reais e inventadas do narrador italiano arredor desta cidade do sur do país. A escolla da cidade de Nápoles foi a escusa perfecta para que este home, nado en Italia mais galego de corazón, conxugara o humor do sur do seu país de orixe e a retranca da Galiza na que medrou como contador de historias. Que ben o pasaron! E ao remate xa eramos tod@s amig@s.