Taller Abierto
A música aparece con frecuencia nas obras de moitos/as artistas galegas/os representada por instrumentos musicais. Estes forman parte importante das composicións e mesmo son os protagonistas. Neste obradoiro coñeceremos algunhas obras icónicas da historia da arte galega, onde a música é relevante e os/as participantes farán novas interpretacións delas desde a súa imaxinativa visión.
De 6 a 12 anos
Duración: 60 minutos
Prazas limitadas (con inscrición previa a través do whatsapp 617 340 323)