Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Cabaliño hop

20mar18:30Cabaliño hopSesión de contos para bebés con Soledad Felloza

Detalles do Evento

Sesión de contos para bebés con Soledad Felloza
Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá.
A lúa, que sabe dos seus soños, unha noite faralle un regalo especial.

De 0 a 3 anos.
Duración: 30 min

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h

Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.

Moitas grazas!

Hora

20 marzo, 2026 18:30(GMT+00:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

Prezo 0,00

Cantas entradas? -1 +

Prezo total 0,00