C@nto contigo
19mar18:00C@nto contigoConcerto de Paco Nogueiras
Detalles do Evento
Concerto de Paco NogueirasNeste espectáculo Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa
Detalles do Evento
Concerto de Paco Nogueiras
Neste espectáculo Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!” sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Uns GRANDES ÉXITOS onde hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.
Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.
C@nto contigo convértese así,nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformará a túa escola, biblioteca, auditorio, rúa, praza, vila, aldea…nunha festa moi especial onde ti es protagonista.
C@nto contigo viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Asi que … colle aire, saca o teu mellor sorriso e … cantemos!
Público familiar. Acceso libre ata completar cabida
Hora
Localización
Recinto Feiral de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n