Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Contos con (en)cantos

08mar18:00Contos con (en)cantos

Detalles do Evento

Estrea!
Sesión de contos e música con As Toupeiras

Unha viaxe cantada. Unha obra musical inspirada no Cancioneiro do Papagaio que nos leva de viaxe por Galicia, Portugal e Brasil, seguindo os cantos do folclore popular. Ao longo do camiño atopamos grupos de mulleres que cantaban para vivir, traballar, celebrar e resistir. Un espectáculo que mestura música, voces e memoria, para escoitar e sentir como as cancións atravesan terras, mares e xeracións. A través do canto, do corpo e da emoción, coñecemos diferentes grupos de mulleres que fixeron da música un lugar de encontro, resistencia e comunidade. Unha proposta tenra e poderosa, onde a tradición soa viva e libre!

Público familiar

Hora

8 marzo, 2026 18:00(GMT+00:00)

Localización

Recinto Feiral de Pontevedra

Rúa Alexandre Bóveda, s/n

Comparte este evento