Corochas
19mar12:00CorochasContos para bebés con Anetea García
Detalles do Evento
Contos para bebés con Atenea GarcíaDe 0 a 3 anos Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren
Detalles do Evento
Contos para bebés con Atenea García
De 0 a 3 anos
Corochas, cachogas, celigras, cóchegas, coscas, deligras ou cóxegas: Sensación que experimenta alguén ao lle seren tocadas levemente certas partes do corpo e que se manifesta nun riso involuntario. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlles ás corochas? Pode ser que a sensación para cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de lles poñer un nome só? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña… Os contos ás veces son coma as corochas, fannos viaxar a lugares onde normalmente non chegamos ou a partes do corpo ás que non lles poñemos atención.
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.
Moitas grazas!