marzo, 2020

07mar17:3018:30Corochas

Máis

Detalles do Evento

Proposta para engaiolar a crianzas de 0 a 3 anos da man da actriz e creadora escénica ATENEA GARCÍA.  A través do conto acumulativo, a canción ou o xogo de imitación os asistentes viaxarán por diversas paisaxes e coñecerán a personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlle ás corochas? Será que a sensación en cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de poñerlle un único nome? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña…

Actividade para bebés. Cabida limitada

 

 

 

Hora

(Sábado) 17:30 - 18:30

Localización

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda s/n - 36005

X