Creando en mundos dixitais
20mar19:00Creando en mundos dixitaisObradoiro de videoxogos. MUVI
Detalles do Evento
O MUVI volve ao Salón cunha mostra de contido interactivo, talleres e actividades, que nos farán viaxar e crear mundos dixitais e as músicas que
Detalles do Evento
O MUVI volve ao Salón cunha mostra de contido interactivo, talleres e actividades, que nos farán viaxar e crear mundos dixitais e as músicas que hai neles. Unha exposición aberta, interactiva e dinamizada de dispositivos e videoxogos selectos de diferentes épocas da historia de medio, que amosan a frutífera relación entre os videoxogos e a música.
A partir de 7 anos.
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!
As prazas reservadas anticipadamente gardaranse ata 5 minutos antes do comezo de cada actividade. No caso de non estar presente nese momento, darase paso ás persoas en listaxe de agarda perdendo a praza reservada con anterioridade.
Hora
Localización
Recinto Feiral de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n