Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Cultura contra a barbarie, gala artística por Palestina

04mar20:00Cultura contra a barbarie, gala artística por PalestinaGala solidaria

Detalles do Evento

Estrea!

Pallasos en Rebeldía

Pallasos en Rebeldía é un espazo artístico de solidariedade internacional e fraternidade entre os pobos a través das artes escénicas e sobre a base de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras. A presente gala, na que participarán diversas artistas galegas dos ámbitos da música, maxia, teatro e narración oral, busca a participación activa da sociedade, non só para recadar fondos, senón para pór en valor a importancia da cultura como motor de transformación social e como altofalante para a causa do pobo palestino, sobre a que cómpre manter a información, a atención e, sobre todo, a nosa solidariedade.

Todos os fondos recadados nesta gala destinaranse a financiar as accións artísticas e humanitarias da entidade en territorio palestino. Un evento que mestura o compromiso e a arte, cun elenco composto por algúns dos grandes nomes da escena galega e que encherá o escenario do Teatro Principal de risas por un mundo mellor.

A recadación destinarase para a axuda humanitaria a familias de Gaza a través de Pallasos en Rebeldía.
Venda anticipada de entradas en ataquilla.com. Prezo: 8 €. Prezo na billeteira o día da función: 10 €
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade

Comparte este evento