Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Entre letras e notas: Nadando na incerteza

11mar19:00Entre letras e notas: Nadando na incertezaEncontro con SÉS guiado pola xornalista Teresa Cuíñas

Detalles do Evento

Encontro con SÉS guiado pola xornalista Teresa Cuíñas para falar do novo traballo da artista.

Nadando na incerteza preséntase en formato libro-disco. Trátase dunha edición coidada que combina música e palabra para ofrecer unha experiencia completa deste novo traballo de SÉS. As 13 cancións que compoñen o álbum aparecen acompañadas por textos escritos pola autora, profundando no significado, no proceso creativo e no universo emocional de cada peza.
A edición en libro/CD está pensada para quen quere ir máis alá da escoita e mergullarse en profundidade no significado de cada tema.
Neste traballo, esencial e sen artificios, a canción ocupa o centro absoluto. Voces con peso, arranxos mínimos e unha produción depurada que reivindica a honestidade artística e a forza da melodía. Nadando na incerteza é un exercicio de madureza creativa no que SÉS asume a composición, produción, gravación e supervisión de todo o proceso, reafirmando a súa independencia e coherencia artística.

Público adulto.

Hora

11 marzo, 2026 19:00(GMT+00:00)

Localización

Sala VIP do Pazo da Cultura

Pazo da Cultura de Pontevedra, rúa Alexandre Bóveda s/n

Comparte este evento