Fedellando coas toupiñas
14mar18:30Fedellando coas toupiñasObradoiro de percusión corporal. As Toupeiras
Detalles do Evento
Obradoiro de expresión corporal con As Toupeiras A partir de 5 anosDescobre o ritmo que vive en cada movemento! No noso
Detalles do Evento
Obradoiro de expresión corporal con As Toupeiras
A partir de 5 anos
Descobre o ritmo que vive en cada movemento! No noso obradoiro “Pom! Pom! Pom!”, combinamos música, movemento e narrativa para crear unha experiencia única. A través da percusión corporal os participantes darán vida ao conto Pom! Pom! Pom!, explorando historias de maneira lúdica e sonora.
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 4 de marzo ás 17.00 h
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.
Moitas grazas!