Sesión de contos e teatro de sombras. Pepa a Loba editora.
Ganapán é un can que non sabe ladrar e Garabato é un gato que non sabe miañar.
Ambos séntense diferentes. Choran na soidade. Pero xuntos atopan unha solución.
Un libro ilustrado, amable e enxeñoso, sobre a soidade e sobre como as diferenzas poden crear verdadeiros lazos de amizade.
Contaremos coa presenza da autora do libro: Chus Álvarez.
Público familiar (crianzas de 2 a 5 anos)