O pasado ano deixávanos de maneira sorpresiva Carlos Taboada Charli membro, xunto a Quique Mauricio, de Polo Correo do Vento.
Por iso, nesta edición queremos lembralo e renderlle unha merecida homenaxe como traballador da cultura e, sobre todo, polo seu compromiso desde hai tantos anos co Salón do Libro. Farémolo nun acto aberto a todas as persoas que queiran acudir.
Perdemos a conta dos anos que hai que Polo Correo do Vento forma parte do Salón e tamén das veces que da man de Charli, pasamos a tarde debuxando personaxes ilustres, gatos ou nécoras. Nada parecía imposible coas súas indicacións.
Grazas por tanto talento e tantas historias, Charli, que quedan para sempre na nosa lembranza e na de miles de nenos e nenas que puideron gozar delas.
Acceso libre ata completar a cabida