Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Homenaxe a Luz Gallego (Nenuca) e Manuel Bragado

21mar12:30Homenaxe a Luz Gallego (Nenuca) e Manuel BragadoActo de homenaxe do Salón do Libro

Detalles do Evento

Esta edición tan musical homenaxeamos a Luz Gallego “Nenuca”, libreira moi querida na nosa cidade, con máis de 40 anos á fronte da Libraría Seijas xunto ao seu inseparable Tito. Nenuca de ler a varias xeracións de nenos e nenas sempre cun sorriso e un bo consello lector. Tamén recoñeceremos a Manuel Bragado, mestre, editor, escritor e activista cultural, unha das persoas máis comprometidas co desenvolvemento da LIX galega, a quen temos moito que agradecer.

Se o ano pasado puxemos en valor o labor das profesionais da tradución, este ano quixemos tamén celebrar outras profesións indispensables no mundo da lectura: as de quen fai posible que os libros, que un día estiveron no maxín das creadoras e dos creadores, cheguen ás nosas mans.
Actuación músical V de Maceta

Público adulto
Acceso libre ata completar a cabida

Comparte este evento