Lala e Lolo van ao circo
Detalles do Evento
Estrea!Contos, música e danza para bebés con Mara Iglesias Martínez e Manuel Albariñas Otero. De 1-4 anos Prezo da entrada: 3
Detalles do Evento
Estrea!
Contos, música e danza para bebés con Mara Iglesias Martínez e Manuel Albariñas Otero.
De 1-4 anos
Prezo da entrada: 3 €. Reserva a túa entrada de maneira anticipada aquí para pagala o día da función.
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta
Para facer efectiva a entrada con custe (3€),será preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.
Grazas!
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.
Moitas grazas!