Lembra Xabarín
20mar19:00Lembra XabarínConcerto
Detalles do Evento
Son ás 6 da tarde: bocata de chourizo fronte ao televisor e os ollos coma pratos. Songoku, Arale e Novita falan en galego! Lembra Xabarín
Detalles do Evento
Son ás 6 da tarde: bocata de chourizo fronte ao televisor e os ollos coma pratos. Songoku, Arale e Novita falan en galego!
Lembra Xabarín convídanos a unha viaxe temporal, musical e lingüística a través dos Heredeiros da Crus, Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Monte-Alto, Victor Coyote, Blood Filloas, La Marabunta ou Siniestro Total. O obxectivo é achegar a música rock en galego que marcou unha xeración, ás xeracións que viñeron despois. Un concerto para público infantil e familiar para divertirse, bailar e rememorar o legado cultural que O Xabarín nos deixou.
No escenario, Fer González (voz), Yenina Alonso (voces), Aitor Salgado (batería), Dani García (guitarra), Fran J. Gómez (guitarra) e Borja Iglesias (baixo).
Público familiar
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade
Entradas en ataquilla.com. Prezo: 3 €
Hora
Localización
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra