Sesión de contos e música con Sonsoles Penadique
Un chintófano, un trebello, un aparello. Música, algún conto, moita diversión e un magnetófano con botóns máxicos. Volveremos a un pasado analóxico e máxico a través das músicas e das experiencias atesouradas pola etnomusicóloga Dorothé Schubarth. Coñeceremos a súa persoa, os seus libros e ás informantes que tiveron a ben transmitirlle o seu saber sobre a cultura tradicional galega. Pero tranquilas! Non deixaremos atrás nin a Manxoliña, non á Vella da Botella, nin ao tío Mateu, non á ave sutil a comer no perexil.
Público familiar