Logos O SALON - Concello de Pontevedra

O que che contan as toupiñas

07mar18:30O que che contan as toupiñasAs Toupeiras

Detalles do Evento

ESTREA!
Contos e xogos para bebés
As Toupeiras

Un contacontos musical e dramatizado para bebés, inspirado no libro “Non é unha caixa”. A través da música, do xogo e dos xestos, abrimos un espazo de imaxinación onde unha caixa pode ser calquera cousa. Unha proposta tenra, sensorial e libre, pensada para a primeira infancia, para escoitar, mirar e soñar xuntas e xuntos. Porque imaxinar tamén é un acto punk, mesmo desde bebés 

De 0 a 3 anos
Duración: 30 min


OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!

Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta.

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas as reservas antes desa hora.

Grazas!

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.

Moitas grazas!

Hora

7 marzo, 2026 18:30(GMT+00:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!