O son que me arrola
Detalles do Evento
Contos e música para bebés coa Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy De 0 a 3 anos“O son que me arrola” é unha
Detalles do Evento
Contos e música para bebés coa Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy
De 0 a 3 anos
“O son que me arrola” é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis cativos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, das lerias, os enredos, e a instrumentación, ademais dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión: pandeiros, pandeiretas, bombos, tarrañolas … e outros construídos a partir de materiais de refugallo.
OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 4 de marzo ás 17.00 h
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta
O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.
Moitas grazas!