Obradoiro de baile tradicional
13mar19:30Obradoiro de baile tradicionalObradoiro de baile tradicional con Nuria Gesteira
Detalles do Evento
Queres aprender aprender a bailar? Agardámoste neste taller organizado en colaboración con A Pedreira coa bailadora Nuria GesteiraAo remate haberá foliada!Anótate en: apedreira@riseup.net
Detalles do Evento
Queres aprender aprender a bailar? Agardámoste neste taller organizado en colaboración con A Pedreira coa bailadora Nuria Gesteira
Ao remate haberá foliada!
Anótate en: apedreira@riseup.net
Público adulto
NURIA GESTEIRA IGLESIAS
Comeza a bailar na Asociación Castromao de Mondariz ós 4 anos. Con 14 incorpórase ó GBMT Os Muíños de Oliveira no que funda no 1998 o Grupo de Pandereteiras, co que acada numerosos premios ó longo de 12 anos.
Durante a súa formación artística pasa por agrupacións como a Banda de Gaitas Termiñado de Ponteareas, O Fiadeiro e Traspés, de Vigo, ou a compañía de baile GS21, de Santiago. Foi compoñente do dúo de música pop “Nuk”, do grupo folk Vai de amores e do elenco da Óscar Cobos compañía de Danza no espectáculo “Bailador”.
Estuda Arte Dramático na Escola Municipal de Teatro de Vigo, formación que a leva a participar en varias funcións teatrais, curtametraxes da Escola de Imaxe e Son de Vigo e programas de humor da TVG.
Colaborou con diversos artistas de recoñecido prestixio (Carlos Núñez, Nacho Cano, Rodrigo Romaní, Xisco Feijóo, Óscar Ibáñez…) e formacións como Sondeseu, Trebón, Pédêpötè, Sondarúa, El gato con jotas, Boikot ou a compañía catalá La Fura del Baus.
Imparte clases tanto de baile como de canto e percusión tradicional dende os 17 anos por toda a provincia de Pontevedra, traballando con diversas asociacións culturais, organizacións e aulas de formación, ensinando o aprendido nas diferentes recollidas de campo levadas a cabo polas asociacións ás que pertenceu ou as súas propias. Na actualidade leva a dirección da sección de pandeireta da AC Ondiñas do Mendo (Salvaterra de Miño), entre outras.
No 2013 funda SADEO Pandereteiras, grupo co que chega ó podio nas dúas ocasións nas que se volven presentar a concursos de música tradicional. No 2017 o GBMT SADEO, que dirixe dende novembro de 2015, gaña o concurso da A. X. Xacarandaina, no que ademáis lle é outorgado o trofreo á Mellor Bailadora. E en 2018 gaña o Vai de Baile xunto a André Adrio, parella co que compite baixo o nome de “Fírmenus Melitonus”. No 2019 exerce como xurado do Vai de Baile infantil no programa Luar da TVG.
Hora
Localización
O Mercado
Rúa Sierra (Mercado de Abastos, 36002 Pontevedra)