Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Do, re, mi... a orquestra xa está aquí!

19mar11:30Do, re, mi... a orquestra xa está aquí!Obradoiro musical co Centro educativo Kairós

Detalles do Evento

Obradoiro musical co Centro educativo Kairós

As nenas e nenos poñen ritmo a un poema que recitarán imitando os diversos instrumentos musicais dunha orquestra que se adxudican mediante adiviñas. Logo de ensaiar o ritmo con palmas, pitos e pegadas no chan, inclúen a letra do poema que recita todo o grupo.
A partir de 5 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.
ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.

Moitas grazas!

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!