Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Orquestra enredada

07mar17:00Orquestra enredadaSofía Venzel e Michel Casado

Detalles do Evento

Sofía Venzel e Michel Casado

Un obradoiro de creación colectiva onde cada participante inventa o seu propio instrumento imposible a través do collage e a ilustración. 
No taller propoñemos, dunha forma sinxela, visual e moi amena, a idea de que hai estruturas tan complexas que resulta imposible facelas funcionar por completo. Cada instrumento convértese así nunha pequena metáfora: algo que esixe pensar, mirar e aceptar a dificultade sen necesidade de resolvela. 
Aínda que o punto de partida é conceptual, a dinámica é amena, accesible e aberta á invención individual. 
A actividade dialoga coa instalación Dueto, compartindo espazo e ton: ambos exploran a tensión entre o que soa, o que non pode soar e o que permanece en silencio. 

A partir de 5 anos
Duración: 60 min

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

As prazas reservadas anticipadamente gardaranse ata 5 minutos antes do comezo de cada actividade. No caso de non estar presente nese momento, darase paso ás persoas en listaxe de agarda perdendo a praza reservada con anterioridade.

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!