Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Pan de pita

21mar19:00Pan de pitaObradoiro de cociña con Reviravolta

Detalles do Evento

Obradoiro de cociña con Reviravolta

Este pan de Oriente elabórase de forma moi sinxela e ademais cócese rapidísimo no forno! Esta variedade de pan pódese gozar de moitas maneiras, xa sexa para facer kebab caseiro, con hummus, falafel ou cremas para dipear de pementos asados e améndoas, cenoria, etc. Está tan bo, que non vai a chegar enteiro a casa!  

De 4 a 10 anos

OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para este obradoiro activaranse o 11 de marzo ás 17.00 h

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón. Moitas grazas!

Se a demanda de prazas supera as dispoñibles farase un sorteo entre as persoas presentes antes do comezo do obradoiro. Para o sorteo repartiranse os números 10 minutos antes da hora na que estea programado o inicio da actividade.

Hora

21 marzo, 2026 19:00(GMT+00:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

EVENTO COMPLETO!