A Gramola Gominola fai 10 anos! e vaino celebrar ao grande con todos e todas nós!
Este novo espectáculo rockeiro traerá moitas sorpresas en forma de agasallos musicais cunha revisión dos temas máis coñecidos e máis reclamados polo público gramoleiro. Estará asegurada a diversión e a participación para que a experiencia do concerto sexa moi festiva, emocionante e enérxica á altura dun 10º aniversario! Seguirán a transmitir mensaxes en prol da igualdade, a lingua, o ecoloxismo e a educación. Ao longo destes anos deron centos de concertos poñendo ao público en pé cos cornos en man!
Público familiar
Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade
Entradas en ataquilla.com. Prezo: 3 €