Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Paseo pola Pontevedra lorquiana

07mar17:30Paseo pola Pontevedra lorquianaRoteiro lorquiano co Colectivo Xurelo

Detalles do Evento

Roteiro co Colectivo Xurelo
Dirixido ao público adulto, inscricións en: salondolibro@pontevedra.gal

Visitaremos os espazos da cidade para lembrar as visitas de Federico García Lorca a Pontevedra.
Lorca visitou Galicia catro veces, a primeira en 1916 e as outras tres en 1932, e en dúas desas ocasións estivo na nosa cidade. Esta relación do poeta e dramaturgo andaluz coa comunidade galega e con Pontevedra está documentada e estudada por especialistas, pero é pouco coñecida pola cidadanía.

Hora

7 marzo, 2026 17:30(GMT+00:00)

Comparte este evento