Logos O SALON - Concello de Pontevedra

Pink Lady

15mar12:00Pink LadyEspectáculo para bebés con Iria Pinheiro e Davide González

Detalles do Evento

ESTREA!
As reservas para esta actividade activaranse o 4 de marzo ás 17.00 h

Con Iria Pinheiro e Davide González

Pinklady é un concerto interactivo onde os bebés e as familias asistentes poderán disfrutar da oportunidade de participar musicalmente. Un paseo sonoro con melodías e sons que estimulan a curiosidade nun entorno seguro e acolledor.

Davide González e Iria Pinheiro continúan creando espectáculos para a infancia logo da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías.

PinkLady é un concerto interactivo e didáctico que fomenta nas crianzas o desenvolvemento emocional e cognitivo a través da danza, da música e da poesía.

De 0 a 3 anos
Duración: 30 min


OLLO, ATENCIÓN, MOI IMPORTANTE!
As reservas para esta actividade activaranse o 4 de marzo ás 17.00 h

Cada persoa necesita ter a súa praza, independentemente da súa idade. Cada bebé deberá ir acompañado dunha soa (1) persoa adulta

Prezo da entrada: 3 €. Reserva a túa entrada de maneira anticipada aquí para pagala o día da función.

Para facer efectiva a entrada con custe (3 €), será preciso efectuar o pagamento na billeteira situada no acceso da actividade (A Cova dos Libros Fantásticos, Pazo da Cultura de Pontevedra). A billeteira estará aberta o mesmo día do espectáculo desde 30 minutos antes da función.

ATENCIÓN: as entradas quedarán liberadas 5 minutos antes do inicio do espectáculo se non foron recollidas antes desa hora.

Grazas!

O día da actividade haberá prazas presenciais dispoñibles no espazo onde se desenvolva. Para asegurar a túa praza, recomendámosche que a reserves anticipadamente a través da nosa web. Se despois de reservar non podes vir, agradecémosche que nos avises escribindo ao correo-e: reservasalondolibro@gmail.com indicando a actividade, día e hora. As persoas que non xustifiquen ou avisen da súa ausencia deberán agardar unha semana para volver reservar nas actividades do Salón.

Moitas grazas!

Hora

15 marzo, 2026 12:00(GMT+00:00)

Comparte este evento

Reserva de entrada

As entradas xa non están á venda para este evento!